Curva España (viernes) (Teatro Rosalía Castro) | A Coruña

Curva España (viernes) (Teatro Rosalía Castro)

Qué está pasando?

Entradas | 1971 | para CURVA ESPAÑA de Xron, Manuel Cortés, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo en A Coruña
Data: 18 de outubro de 2019
Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)
Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)
Entradas: 6,50 / 8,00 / 10,00 / 14,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20 %) (Familia numerosa: - 25 % (só no despacho de billetes))
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)
(Se vostede merca entradas con desconto a través do teléfono ou da web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)
Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha norte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre as súas causas, motivacións e consecuencias.
Curva España é a historia dunha investigación sobre un suceso do pasado e sobre as súas implicacións no presente. Un suceso real que tivo un impacto directo limitado a unha pequeña comunicade da Galiza interior, pero no que se desvela o xeito no que se vertebrou o estado liberal español durante os séculos XIX e XX, en paralelo á construcción do ferrocarril.
A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, contaremos a historia da norte do enxeñeiro España artellando unha narración escénica que adopta o formato do documental, Bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construcción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque España chegou en forma de mito, e o mito fala da súa norte nunha curva afastada.
Neste novo cruce de realidade e ficción sobre o escenario o que tratamos de facer é entrar no real, porque o acto teatral sería unha estratexia para entrar na realidade xunto ao público. Por tanto o obxectivo desta peza non é representar o real recreando situacións do pasado, senón facer que a representación en sí mesma sexa real. Unha representación que integra unha narrativa cinematográfica documental construida en directo a partir da mestura de escenas filmadas en tempo real á vista do público e entrevistas gravadas.
Unha producción CHÉVERE en coprodución con TEATROS DEL CANAL, CONCELLO DE TEO e MIT RIBADAVIA
Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lia, Lucía Estévez, Leti Blanco  
Duración: 90 min
Espectáculo en galego
 

 

Entradas desde 5,20 €

Cuándo?

20:30 Horas, viernes, 18 de octubre 2019

Dónde?

Teatro Rosalía de Castro.
Calle del Riego de Agua, 37
15003 A Coruña

Más eventos en A Coruña