Información The Pinker Tones presentan Rolf & Flor:
THE PINKER TONES presentan ROLF & FLOR EN EL AMAZONAS en A Coruña
Data: 10 de marzo de 2019
Horario: 18.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)
Lugar: Teatro Colón (A Coruña)
Entradas: 6,00 € (abono 3, 15,00 €) (menores de 3 anos, 2,00 €)
(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
UN ESPECTÁCULO DIVERTIDO, PARTICIPATIVO E EDUCATIVO.
Divertido: The Pinker Tones contaron coa axuda da actriz e directora teatral Sandra Monclús, que lles asesorou na dirección escénica. Interpretan a varios personaxes do conto, como Mario o heladero ou a avoíña de Rolf, caracterizándose a medida que avanza o espectáculo.
Participativo: Tanto os nenos como os seus pais, serán convidados a colaborar ao longo do concerto, non só cantando, senón subindo ao escenario para realizar diversas “accións”.
Educativo: O espectáculo é bilingüe, coa narración e algunhas das cancións en castelán e outras en inglés. Ademais contén valores como a celebración da diferenza, a tolerancia ou o respecto aos demais e á natureza.
The Pinker Tones presentan Rolf & Flor no Amazonas, o cuarto volume das aventuras de Rolf & Flor, unha serie de libros-disco ilustrados por Miguel Gallardo, e espectáculos en directo para público familiar. Esta vez contaron coa participación especial de Alex Borstein, Manu Chao, Judit Neddermann e Adrià Salas (La pegatina).