Información Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre:
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en As Pontes
Non perdas o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o próximo domingo 3 de marzo do 2019 na Cine Auditorio Alovi de As Pontes a partir das 18:30 horas.
Xira Noró (Algunhas músicas do norte)
Xabier Díaz deu os seus primeiros coa gaita nos anos 80 . A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc.
Logo chegou a Nova Galega de Danza coa que participou nos espectáculos Alento, Engado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009.
Berrogüetto chamou á porta de Xabier a inicios de 2008 e a viaxe durou até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda.
Grandes parceiros e amigos seus foron Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, cos que participou no proxecto aCadaCanto e cos que editou aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014).
Ao longo dos anos, realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros/as.
No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, co que recibiu numeroros premios, e realizou máis de 70 concertos en España e o estranxeiro, Alxer, Oslo, Lorient, Le Chatre, Glasgow, Lisboa, Madrid ou Bruxelas.
Agora presenta Noró (Algunhas músicas do norte) Músicas de Salitre 2018 ©, un novo traballo compartido coas Adufeiras de Salitre que pon acento nas músicas que habitan o noroestepeninsular.
Entradas para Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Auditorio Alovi de As Pontes
As entradas para o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Auditorio Cine Alovi de As Pontes teñen un prezo desde 5 euros + gastos de xestión.